'A lúa na colleita' e 'Ulises', recoñecidos nos premios da web Fervenzas Literarias

Categoría: Nova

Esta fin de semana déronse a coñecer os resultados das enquisas nas que participaron os usuarios e usuarias da web Fervenzas Literarias, adicada á literatura galega e que anualmente recoñece, a xuízo dos internautas, os libros mellores do ano anterior en distintas categorías.
Como todos os anos, varios libros de Galaxia foron escollidos polos lectores e lectoras como os mellores do ano pasado, concretamente, 'A lúa na colleita' de Anxos Sumai, na categoría de Mellor Portada de Adultos, que partía dunha foto de Manuel Martínez, e para o 'Ulises' como Mellor Libro Traducido do ano, en traballo de Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle.
Agradecidos aos lectores e lectoras que nos deron o seu voto.

Compartir na redes sociais: