17 de xaneiro. Homenaxe en Lugo á memoria de Benxamín Casal

Co lema "A forza da intelixencia" as institucións devanditas (Club cultural Valle-Inclán, Círculo das Artes de Lugo e Editorial Galaxia) convocan os lugueses e os galegos a un acto de lembranza do intelectual galeguista Benxamín Casal (1935-2013) que se celebrará no Círculo das Artes da capital luguesa o próximo venres, 17 de xaneiro, ás 20 […]
Nova edición para 'O porco de pé'

A fin de ano chegou coa aparición, nas tendas de libros de todo o país, dunha nova edición do libro de Vicente Risco, o clásico 'O porco de pé', unha das grandes obras da literatura galega universal e un dos textos fundamentais do noso autor dende que a publicou no ano 1928. Dende aquela, milleiros […]
Presentación-Debate en Ferrol arredor do libro Para que nos serve Galiza? de Xaime Subiela

O vindeiro xoves 16 de xaneiro ás 20:00 horas o Ateneo Ferrolán acollerrá un debate arredor da reflexión formulada no libro 'Para que nos serve Galiza?', no que intervirán: • O autor Xaime Subiela • Yolanda Díaz (Parlamentaria e Viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerdas) • Carlos Neira Cortizas (Economista e investigador social) • Bernardo […]
Xa podes ler de balde o prólogo á edición galega do Ulises

A fin do ano 2013 significou para a Editorial Galaxia a culminación dun proceso iniciado, dalgunha maneria, hai moitas décadas, incluso antes do nacemento, en 1950, da nosa editorial. Referímonos á publicación do 'Ulises' de James Joyce, obra da que podes descargar de balde as primeiras páxinas no banner, na portada da nosa web O […]
Xosé Carlos Caneiro

Poucas veces sentín tanto gozo coa edición dun libro. Emocioneime ao acariñar coas miñas mans o texto que hoxe comento. Parecía que era Ulises, en volume Gutenberg, quen estaba fronte a min. Contemplaba o perfil de James Joyce na capa do libro magno, antiparras redondas, barba rala, peiteado cara atrás, man dereita caída e a […]
Segunda edición para 'A cociña dos Cunqueiro'

Seguro que foron moitas e moitos os que, para os días pasados nos que houbo que espremer a cabeza buscando pratos e sobremesas para encher as comidas e ceas de fin de ano e de recepción do novo, botaron man do receitario que a dona de Cunqueiro, Elvira González-Seco Serrano nos deixou e que publicamos […]
Xuntanza do xurado do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

O vindeiro martes, día 21 de xaneiro, reunirase en Compostela o xurado do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2013, formado por Luís Alonso Girgado, Marilar Aleixandre, Xaime Subiela, Dolores Vilavedra e Carlos Lema, como secretario con voz e voto. Optan ao premio, gañado na anterior edición por Xaime Subiela con Para que nos serve Galiza?, […]
Escoita de balde 'Casimiro O Elefante'

Dende hoxe podes escoitar, na nosa conta de Soundcloud, o tema presente no novo libro-disco de Susa Herrera e Mamá Cabra, 'Cartas que veñen e van', "Casimiro o elefante". Só necesitas dunha conexión a internet para poder gozar, no móbil, no computador, na tablet, incluso na tele se está adaptada a este sistema, dun petisco […]