A rodaxe do filme 'A esmorga' continúa e avanza segundo o plan previsto. Nesta semana, o martes 4 e o mércores 5 de marzo, rodaranse algunhas das secuencias máis importantes da película nun escenario construído e ambientado polo equipo de arte da película na localidade do Carballiño.
O martes 5, sobre as 16:30-17h, contaremos coa visita ao set do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; Rogelio Martínez, delegado territorial da Xunta en Ourense; Francisco Castro, representante da Editorial Galaxia, que posúe os dereitos sobre a obra de Eduardo Blanco Amor e participa na produción do filme; e o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes.
Unha xornada interesante para comprobar os progresos desta película coa que a Editorial Galaxia aposta polo cine na nosa lingua.