Preguntas e respostas

O mundo do ano 1963 era ben diferente ao noso. A partir desta obviedade si que hai algunha cuestión na que merece a pena deterse. E esta non é outra que o desexo do ser humano de mirar cara si mesmo, e de facelo a través de todo aquilo que nos poida explicar como especie, […]

Xornada de debate arredor do libro 'Para que nos serve Galiza?' en Ribadeo

O acto está organizado pola Asociación Cultural Francisco Lanza e participarán: Xavier Campos, xestor cultural, concelleiro de Ribadeo e membro da executiva do BNG; Ismael Rego, presidente do grupo socialista no Parlamento Galego e concelleiro en Cervo e Burela; Celtia Traviesas Méndez, Enxeñeira Tecnica Agrícola, master en xornalismo, e implicada profesionalmente no proxecto pedagóxico MAUmarela!. […]

Presentación do libro 'Xosé María Díaz Castro. Vida e obra'

A Asociación Cultural Barbantia, Editorial Galaxia, La Voz de Galicia a librería LER de Pobra do Caramiñal, e o Concello de Noia organizan a presentación da saída do número 93 do suplemento cultural 'A Voz de Barbantia' e a presentación do libro XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. VIDA E OBRA de Armando Requeixo. No acto, xunta […]

Galaxia na Feira de Boloña

Como cada ano, os editores galegos participan na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia (Italia) que se celebra estes días, tanto a través do posto conxunto coa Xunta de Galicia, no que estarán Baía Edicións, OQO Editora, Editorial Nova Galicia, Editorial Galaxia, Biblios Clube de Lectores e Xerais, entre outros, como de stands […]

A colección Costa Oeste de Galaxia reapararece cun novo deseño

Estes días irá chegando ás librerías de Galicia dous novos títulos da colección Costa Oeste que a editorial Galaxia pon á disposición do lectorado xuvenil. Desta volta, ademais, cun novo deseño no que a fotografía vai protagonizar o espazo da cuberta, reflectindo así a vida que as historias pensadas para esta colección levan dentro. Os […]

Entregados en Betanzos os Premios da Edición

A gala dos premios da edición deste ano tivo unha protagonista destacada na figura de Berta Dávila, quen, ademais de levar o Premio ao Mellor Libro de Ficción por 'O derradeiro libro de Enma Olsen', foi distinguida como autora do ano, recoñecendo así a brillantez do seu labor creativo durante o ano 2013. Ademais, a […]

Celebración do Día Mundial da Auga, da Árbore e da Poesía

Interveñen: – Armando Requeixo (autor de Xosé María Díaz Castro. Vida e obra). – Luís González Tosar (responsable da edición de Nimbos). – Xesús Alonso Montero (Presidente da RAG). – Alumnas e alumnos dos Centros de Ensino. – Argimiro Marnotes (Alcade do Carballiño) – Tomás Fernández Couto (Secretario Xeral de Montes-Consellería de Medio Rural e […]