Chus Pato e a tradución galega do 'Ulises' recibiron o Premio Irmandade do Libro

O pasado sábado, en Rianxo, a Federación de Libreiros de Galicia entregou os seus tradicionais premios Irmandade do Libro que recolle o máis salientable, dentro da produción editorial do ano pasado, a xuízo dos profesionais do sector das librerías de Galicia. A escritora Chus Pato recibiu o premio como Autora do Ano mentres que a […]
A escritora Chus Pato, premio Irmandade do Libro á autora do 2013

A nómina de gañadores na vixésimosegunda edición dos premios Irmandade do Libro coñecerase o vindeiro sábado. Mais onte, a Federación de Libreiros de Galicia ofreceu un adianto importante e anunciou que a ourensá Chus Pato foi elixida a autora do ano 2013. O xurado destacou «a súa impecable traxectoria literaria, a singularidade e a calidade […]
'Os TRES TENedORES' no Salón do Libro de Pontevedra

O grupo musico-teatral 'Os TRES TENedORES' actuarán dentro do marco do Salón do Libro de Pontevedra este sábado ás 12,30 horas nun acto pensado para o público familiar e que ten como obxectivo tamén presentar o novo libro-disco da colección Sonárbore, que verá a luz nos primeiros días do verán 'Cocido sinfónico'. O editor Francisco […]
'Maternosofía' presentouse en Compostela

As instalacións da librería Cronopios de Santiago quedaron pequenas pola grande afluencia de xente que asistiu á presentación do libro de Inma López Silva, un texto que é moito máis ca unha reflexión sobre a maternidade, como salientaron os dous presentadores da obra, Malós Cabrera, quen escribiu o limiar, e o editor e escritor Francisco […]
Cantaruxa coa Bruxa Maruxa en TEO

'María Fumaça' leva sendo un dos grandes éxitos musicais do noso país dende hai xa un par de anos. Poucos nenos e nenas de Galicia quedaron sen ter a oportunidade de cantar e bailar con esta locomotora festeira. Agora, para seguir gozando, estamos levando por Galicia un concerto en pequeno formato protagonizado pola Bruxa Maruxa […]
Tres libros de Galaxia, finalistas dos Premios AELG 2014

Os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan á décimo quinta edición. As obras finalistas, publicadas en 2013, foron escollidas polos 437 socias e socios da AELG, que nunha segunda fase tamén decidirán as gañadoras, que se darán a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o 3 de maio […]
Celebración do Día Internacional do Libro Infantil

Este mércores celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil. Co gallo da celebración, a nosa editorial, en colaboración con El Corte Inglés de Vigo organiza un encontro con escolares, dende as dez da mañá, na librería do centro comercial, para desenvolver un Obradoiro Literario titulado QUE PASARÍA SE SEMPRE PUIDERAS VIVIR […]
Presentación de 'Maternosofía' de Inma López Silva en Santiago

Hoxe martes 1 de abril, ás 20 horas, na librería Cronopios, a escritora Inma López Silva presentará o seu novo libro 'Meternosofía'. A autora estará acompañada por Malós Cabrera, autora do limiar e do escritor e editor Francisco Castro. No acto de Santiago teremos a oportunidade de coñecer o novo traballo de Inma López Silva, […]