Como cada ano, os editores galegos participan na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia (Italia) que se celebra estes días, tanto a través do posto conxunto coa Xunta de Galicia, no que estarán Baía Edicións, OQO Editora, Editorial Nova Galicia, Editorial Galaxia, Biblios Clube de Lectores e Xerais, entre outros, como de stands particulares.
No transcurso da Feira, a Asociación Galega de Editores presentará o catálogo de publicacións realizado por Gálix (AsociacióN Galega do Libro Infantil e Xuvenil) en colaboración coa Direción Xeral de Cultura. Así mesmo, a asociación manterá distintos encontros con editores de Francia, Turquía ou Dinamarca.
Os libros de carácter infantil e xuvenil publicados pola Editorial Galaxia durante o pasado 2013 teñen así a súa oportunidade de se amosar diante dos axentes literarios internacionais e outras editoriais do mundo, nunha acción que procura promover a tradución, dende o galego, para outras linguas.