O grupo musico-teatral 'Os TRES TENedORES' actuarán dentro do marco do Salón do Libro de Pontevedra este sábado ás 12,30 horas nun acto pensado para o público familiar e que ten como obxectivo tamén presentar o novo libro-disco da colección Sonárbore, que verá a luz nos primeiros días do verán 'Cocido sinfónico'. O editor Francisco Castro presentará o acto.
Deste xeito, coa interpretación en directo de tres temas cómicos e a súa representación correspondente, os que asistan poderán gorentar dun pequeno petisco do que será a música que conterá o libro-disco que publicaremos antes do verán e do espectáculo completo que se celebrará, logo á tarde, ás 18.30 no Auditorio do Pazo da Cultura e que vai pensado para nenos e nenas a partir de catro anos (Venda de entradas 1 hora antes no vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura a un prezo de 3 euros).