'Maternosofía' presentouse en Compostela

Categoría: Nova

As instalacións da librería Cronopios de Santiago quedaron pequenas pola grande afluencia de xente que asistiu á presentación do libro de Inma López Silva, un texto que é moito máis ca unha reflexión sobre a maternidade, como salientaron os dous presentadores da obra, Malós Cabrera, quen escribiu o limiar, e o editor e escritor Francisco Castro.
Nas súas intervencións, como na final da autora, destacouse o senso do humor do texto, o compromiso feminista que destila, e a aposta pola reflexión serea e ao tempo apaixonada que merece un acontecemento tan excepcional e importante como é a chegada dunha filla ou fillo.
A sesión rematou cunha sesión de sinaturas abeirada a unha 'Sesión Vermú' que fixo as delicias de todas e todos os asistentes.
No noso blogue deixamos unha pequena galería de fotos da xornada.

Compartir na redes sociais: