"Dúas Letras" en Cotobade

Rodeada de amigos e veciños, promovida pola Asociación Cultural "Canón de Pau" de Cotobade, na aldea de Loureiro, presentouse o libro de Fina Casalderrey e Eloy Varela: "Dúas Letras". O salón cheo de xente a rebordar. Festa rachada. Teresa Fraga, a protagonista do filme, foi a estrela. Os veciños recoñecían os lugares onde se rodou […]

Rosalía de Castro, a ritmos novos

Un 15 de xullo do ano 1885 finaba en Padrón Rosalía de Castro. E como todos os 15 de xullo, celebraranse por toda a xeografía galega actos de lembranza e homenaxe á nai fundacional da nosa literatura moderna. Unha figura, a de Rosalía de Castro, máis grande e máis mítica a cada ano que pasa. […]

Presentación de CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA en Vigo

Aínda que o Día das Letras xa quedou atrás, este segue a ser o Ano Valentín Paz-Andrade. E así o comprobaremos, máis unha vez, mañá no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, no acto de presentación da que é a súa obra máis importante, 'Castelao na luz e na sombra'. No acto participarán Víctor […]

DÚAS LETRAS en Cotobade

O Igrexario de Loureiro é un dos lugares fundamentais presentes en Dúas Letras, micromundo onde se esperan cartas que non dan chegado como se espera polo osíxeno para respirar. Mañá, e precisamente nesa localidade, proxectarase Dúas Letras, ao tempo que se presenta o libro escrito por Fina Casalderrey sobre o guión que serviu para facer […]

Presentación de DA MÁQUINA en Vigo

Este venres, no centro socio-cultural Bou Eva de Vigo (Rúa Tercio de fóra, 11-baixo A), o escritor Alberto Lema presenta a súa última novela, Da Máquina. Xunto o autor van intervir Carlos Lema, Iago Castro e Francisco Sampedro. A novela, como é clásico na creación literaria, parte dunha pregunta que lle dá orixe: Que pasaría […]

Unha Aula Virtual para un ensino do século XXI

A finais do curso pasado presentamos a Aula Virtual de Editorial Galaxia, unha ferramenta para complementar o ensino da lingua e literatura galegas. Daquela, amosabamos unha serie de mostras para que o profesorado e alumnado galego se fixese unha idea de como funcionaba. Agora, son xa moitos e moitas os que están a gozar desta […]

Por que fracasou a reforma do estatuto?

Mañá xoves, ás 20:00 h, terá lugar na Biblioteca Ánxel Casal a presentación deste ensaio de Xoaquín Fernández Leiceaga, quen estará acompañado polo editor, Víctor F. Freixanes, e o expresidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño. Este libro do deputado e profesor de Económicas Xoaquín Fernández Leiceaga ten intención de ser, en primeiro lugar, […]

Máis follas de outono

A semana pasada comezabamos a informar dalgunhas das novidades editoriais que Galaxia ten previstas para este derradeiro trimestre do ano. Falamos xa dabondo dos novos libros de Agustín Fernández Paz (Zeralda e o dragón), Xabier López López (Cando Artur non era rei) ou Santiago Lopo (Hora Zulú). No plano musical, dedicámoslle tamén espazo ao libro […]