Conversas con Simbad

Mañá xoves, ás 18:30 h, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña, terá lugar este coloquio co escritor Francisco Castro arredor do seu libro Chamádeme Simbad, en conmemoración do Día Internacional de Alzheimer, que se celebra este venres día 21. O acto está enmarcado dentro das actividades do programa "Biblioteca en Acción" e será […]

Antón Seoane revisa a historia recente da nosa música

O músico Antón Seoane, un dos fundadores de Milladoiro, ultima nestes días a publicación do libro-disco 'Do Voces Ceibes a Milladoiro' que verá a luz contra finais do ano ou primeiros do ano que vén, e no que se ocupará de analizar polo miúdo, como protagonista en primeira persoa que foi, unha época que é […]

Obradoiros literarios dirixidos a mulleres

A Fundación Otero Pedrayo organiza durante os meses de outubro e novembro, catro Obradoiros Literarios que gravitarán arredor da figura de don Ramón. Dirixidos a quen gusta de escribir e centrados no libro de Otero Pedrayo, 'Historia dun neno', as asistentes, en xornadas de venres e sábado, asistirán a, por unha banda, un Obradoiro de […]

Agustín Fernández Paz, Xabier López López, Santiago Lopo…

O derradeiro trimestre do ano vai vir protagonizado por un mollo interesante de novidades literarias destinadas a todos os chanzos de idades. Entre outras, presentaremos novidades de autores consagrados das nosas letras como Agustín Fernández Paz, Xabier López López ou Santiago Lopo. 'Zeralda e o dragón' é o título que Agustín Fernández Paz asina con […]

María López Sández gaña o Premio Repsol de narrativa breve

María López Sández (profesora no IES Xulián Magariños de Negreira e na Facultade de Ciencias da Educación da USC) é a gañadora da sexta edición do Premio de Narrativa Breve de Repsol, que se deu a coñecer onte nun acto na refinería coruñesa. 'A forma das nubes' é a obra que resultou gañadora no que […]

Hoxe se falla o Premio Repsol

Trátase xa da sexta edición deste premio de narrativa breve, que convoca a Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Un ano máis o título premiado será publicado por Editorial Galaxia no vindeiro mes de novembro. O xurado desta edición está composto por: Xavier Alcalá, Dolores […]

Lecturas para a volta ás aulas

Hoxe, a pesar dos recortes e dos problemas, o profesorado galego inicia o curso escolar coa mesma ilusión de sempre, dispostos a multiplicar o traballo para chegar a onde quizais habería que chegar con máis recursos. No proceso educativo ocupan, sen dúbida, un papel crucial as lecturas literarias, aquelas recomendacións que os e as docentes […]

'Verde oliva' presentarase en Miami

Xavier Alcalá é un dos nosos autores máis recoñecidos dentro e fóra do país. Os seus libros hai ben de tempo que coñecen outras latitudes. E, dende o galego, as súas verbas, como debe facer toda boa literatura, chegan a outras falas e outras sensibilidades para expresarse en linguas diferentes. Xusto antes do verán chegaba […]