Xavier Alcalá publica 'Verde Oliva'

Estes días estamos a rematar o proceso de produción da nova novela de Xavier Alcalá, 'Verde Oliva', un relato real arredor dunha axente do movemento 26-J. O autor constrúe o seu relato arredor de Mariana, personaxe baseada na vida de Juana Maseda Sanmartín, muller que viviu a revolución da illa caribeña dende o interior como […]

Homenaxe a Xavier Rodríguez Baixeras

A Homenaxe "O/A Escritor/a na súa Terra", que cada ano impulsa a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega neste 2012 a súa XVIII Edición recaendo, por decisión da Asemblea de Socias e Socios, na figura de Xavier Rodríguez Baixeras (na foto de Andrea Costas para o libro 'Cociñando ao pé da […]

Presentouse O NENO CAN en Pontevedra

Onte, na Galería Sargadelos de Pontevedra, os escritores Fina Casalderrey e Francisco Castro, acompañados de Xaime Toxo en representación do Ateneo de Pontevedra e Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, presentaron a súa nova obra O NENO CAN, editada en favor de UNICEF e na que toman a palabra para darlla a aqueles nenos […]

Venres de presentacións

Este venres será especialmente activo no que a presentacións de libros se refire. Por unha banda, en Compostela, ás 20:15 h, na librería Lila de Lilith, a escritora Begoña Caamaño presentará 'Morgana en Esmelle'. Estará acompañada pola profesora e crítica María Xesús Nogueira, a cantante Guadi Galego e o músico Guillerme Fernández. E no Porriño, […]

O NENO CAN e O SABRE DO FRANCÉS

Rematamos o mes de maio coa presentación mañá xoves de dúas novidades de Galaxia que xa se atopan nas librerías do país. A Galería Sargadelos de Pontevedra acolle a partir das 20:00 horas a presentación de O NENO CAN, libro a favor de UNICEF escrito a catro mans por Fina Casalderrey e Francisco Castro. Os […]

Nace a Aula Virtual de Editorial Galaxia

Estes días Editorial Galaxia presenta Aula Virtual (http://aulavirtual.editorialgalaxia.es), un espazo de traballo en liña pensado para completar a nosa oferta de Libro de Texto que permitirá aos docentes e ao alumnado traballar coas novas tecnoloxías na materia de Lingua e Literatura Galega en todos os cursos da ESO. Na Aula Virtual de Galaxia estarán dispoñibles, […]

'Dúas letras' de Eloy Varela e Fina Casalderrey, gran triunfadora en Cans

Cando na editorial estamos mergullados na produción do libro 'Dúas letras', que sairá en breve, coa película asinada polo director Eloy Varela e co guión de Fina Casalderrey, chéganos a boa nova de que a fita foi a gran triunfadora esta fin de semana no a cada día máis prestixioso Festival de Cine de Cans, […]

Faleceu o profesor Juan José Moralejo

Tiña 70 anos. Formaba parte dunha estirpe de humanistas, catedráticos da universidade galega: o seu pai, Abelardo Moralejo Laso, e o seu irmán Serafín Moralejo Álvarez, recentemente falecido tamén, vencellados ao estudo das letras clásicas e da lingua e a cultura de Galicia. As súas achegas intelectuais centráronse principalmente no estudo da lingua grega, da […]