Estes días estamos a rematar o proceso de produción da nova novela de Xavier Alcalá, 'Verde Oliva', un relato real arredor dunha axente do movemento 26-J.
O autor constrúe o seu relato arredor de Mariana, personaxe baseada na vida de Juana Maseda Sanmartín, muller que viviu a revolución da illa caribeña dende o interior como membro do movemento 26-J.
Hoxe, 'La Voz de Galicia' dedícalle unha páxina completa a este libro que en nada verá á luz. Podes ler a reportaxe na ligazón á dereita destas liñas.