A Homenaxe "O/A Escritor/a na súa Terra", que cada ano impulsa a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega neste 2012 a súa XVIII Edición recaendo, por decisión da Asemblea de Socias e Socios, na figura de Xavier Rodríguez Baixeras (na foto de Andrea Costas para o libro 'Cociñando ao pé da letra')).
Celebrarase esta XVIII edición o vindeiro sábado, 02 de xuño, na vila de Ribadeo, que colabora no acto. A partir das 11:30h desenvolverase o programa de actos que se detalla máis abaixo. Como é habitual, rematará a homenaxe cun xantar de confraternidade que se celebrará no Restaurante "O Cabazo".
Programa de actos
11.30
Parque "Os Canapés" (O Xardín)
Plantación da palmeira (árbore simbólica do escritor) e descubrimento do Monólito conmemorativo dedicado ao homenaxeado
Interveñen:
• Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
• Mari Luz Álvarez Lastra, Concelleira de Cultura, Educación e Igualdade
• Xavier Rodríguez Baixeras
12.30
Salón de Plenos da Casa do Concello de Ribadeo, rúa Praza de España, 1.
Acto de entrega da letra E
Interveñen:
• Fernando Suárez Barcia, Alcalde de Ribadeo
• Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG
• Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
• Xosé María Álvarez Cáccamo. Laudatio
• Entrega da peza escultórica de Silverio Rivas
• Intervención do homenaxeado: resposta á laudatio por parte de Xavier Rodríguez Baixeras
13.45
Visita ao Parque Xavier Rodríguez Baixeras (zona do Cargadeiro)
14.30
Restaurante "O Cabazo", rúa Río do Amalló, 1
Xantar de Confraternidade. Aberto aos socios/as da AELG, á veciñanza de Ribadeo e demais persoas interesadas.