Onte, na Galería Sargadelos de Pontevedra, os escritores Fina Casalderrey e Francisco Castro, acompañados de Xaime Toxo en representación do Ateneo de Pontevedra e Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, presentaron a súa nova obra O NENO CAN, editada en favor de UNICEF e na que toman a palabra para darlla a aqueles nenos e nenas do mundo que non a teñen.
No noso blog deixamos unha completa fotogalería dun día cheo de emoción, palabras e solidariedade.