Galaxia suma seis candidaturas ao Frei Martín Sarmiento

O pasado venres déronse a coñecer as obras finalistas da VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento, un dos máis interesantes galardóns do país, na medida en que a votación final dirímese coa participación de milleiros de escolares galegos. Editorial Galaxia suma seis candidaturas en distintas categorías. Así, no apartado de 5º e 6º de […]
'Sempre sentín fascinación polas estruturas fugaces'

A semana pasada abríase a plica que recoñecía como gañador do premio Repsol de Narrativa Breve a Fernando Díaz-Castroverde pola súa obra 'Microbios e outros paquidermos'. Con el mantivemos unha animada conversa que reproducimos aquí. -Vostede era coñecido como poeta e esta obra será o seu debut na narrativa. Como é iso de debutar cun […]
Fernando Díaz-Castroverde gaña o Premio Repsol

Onte na refinería de Repsol da Coruña fíxose público o fallo do V Premio de Narrativa Breve Repsol. O acto estivo presidido por César Gallo Erena, Vicepresidente da Fundación Repsol; Anxo M. Lorenzo Suárez, Secretario Xeral de Política Lingüística; así como por Fina Casalderrey, voceira do Xurado. Fina Casalderrey leu o fallo do xurado que […]
Cincuenta anos despois de Hemingway

No pasado mes de xullo conmemorouse o medio século do pasamento do escritor, premio Nobel de literatura, Ernst Hemingway, autor de 'O vello e o mar' que Carlos Casares traduciu e publicou en Galaxia no ano 1998. Medio século despois sigue impresionándonos esa historia do vello e canso mariñeiro que, convencido de que a vida […]
Toussaint: web en galego

No mes de xullo, Editorial Galaxia publicaba A verdade sobre Marie, a nova novela do escritor belga Jean-Philippe Toussaint, coñecido entre os lectores galegos por Fuxir, título tamén incluído na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea. Agora, o escritor acaba de poñer en galego a súa páxina web, con información sobre ambas as dúas novelas, críticas […]
Medio século amando a educación

A Editorial Galaxia publicou, en 2007, 'Este camiño que fixemos xuntos' de Antía Cal, a fundadora da Escola Rosalía de Castro que tal día coma hoxe, no ano 1961, abría as súas portas para revolucionar a idea da educación existente ata daquela no noso país, situándose á vangarda pedagóxica dende o primeiro instante. No seu […]
Recoñecemento internacional para Agustín Fernández Paz

"Polo seu compromiso cos valores humanos universais e o seu papel determinante na construción dunha literatura infantil e xuvenil en lingua galega", o escritor Agustín Fernández Paz é o gañador do VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil, dotado con 30 mil dólares, que será entregado no marco da 25 Feira Internacional do […]
Tempos difíciles para a cultura galega

A eliminación das axudas á edición de libros de texto e materiais curriculares para a educación por parte da Xunta de Galicia, anunciada inesperadamente no DOG o pasado día 9, así como a supresión de subvencións ás entidades locais para a promoción e uso do idioma galego, veñen de causar unha fonda preocupación no sector […]