Propostas dixitais dende Galaxia

Editorial Galaxia presentou nos seminarios do Cluster do Produto Gráfico Galego (Santiago de Compostela) o seu proxecto dixital e as liñas de traballo nas que traballa na actualidade. As xornadas titulábanse "Tendencias e tecnoloxías no desenvolvemento do negocio editorial", e Anxela Chillón, responsable dos desenvolvementos de I+D+i da editora, moi especialmente de todo canto se […]

Inauguración de NO NIÑO NOVO DO VENTO

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Editorial Galaxia e Fundación Penzol, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, presentan esta exposición conmemorativa do centenario de Álvaro Cunqueiro. ‘No niño novo do vento’ estrutúrase en cinco grandes apartados, que describen o universo cunqueirano a través de elementos tan íntimos como a reprodución do seu escritorio […]

Hoxe comeza o congreso 'Mil e un Cunqueiros'

Coa conferencia "As miñas lecturas de Cunqueiro" o escritor e exministro de Cultura, César Antonio Molina, abrirá hoxe, mércores día 28 o congreso internacional "Mil e un Cunqueiros", organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coas tres universidades galegas para conmemorar o centenario do escritor (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). A sesión celebrarase ás 10 […]

Homenaxe póstuma a Francisco Fernández del Riego en Lourenzá

Tiña que ser, tamén, unha homenaxe en Lourenzá para don Paco, o home que, nos duros días da escuridade franquista asinaba moitos dos seus traballos baixo do nome Salvador Lorenzana. Un intelectual que, a pesares de facer gran parte da súa vida en Vigo, nunha esqueceu a súa terra de orixe. Próximo a cumprirse o […]

Ofelia Rey, premio María Josefa Wonenburger

Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da USC, recibirá hoxe o premio María Josefa Wonenburger 2011, que concede a Unidade Muller e Ciencia de Galicia. O pleno da Unidade Muller e Ciencia de Galicia valorou na súa designación a calidade, rigor e precisión da ampla produción científica de Ofelia Rey e a súa capacidade […]

Presentación na Coruña do GRIAL 190

Mañá mércores, ás 20:00 h, terá lugar este acto no que se presentará o último número da revista GRIAL, dedicado a analizar o papel da investigación na sociedade actual. A Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié de la Maza, integrada por máis de setecentos beneficiarios de distintos programas desta entidade, organizou en novembro de 2010 […]

Mil e un Cunqueiros

Nove conferencias maxistrais, cinco mesas redondas e máis de trinta comunicacións contribuirán a facer do congreso "Mil e un Cunqueiros" un referente para a proxección futura do universal fabulador galego. Así o ven Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, organizador do encontro xunto coas tres universidades galegas, Dolores Vilavedra e Teresa López, da […]

Lecturas para un outono literario

Serán moitas as novidades que verán a luz neste último trimestre do ano deste outono que mañá comeza. Deste xeito, non haberá ninguén que non quede satisfeito por non atopar unha proposta de lectura á que lle apeteza meter o dente. Sen pararnos a detallar agora todas as propostas, que iremos explicando nos días vindeiros, […]