No mes de xullo, Editorial Galaxia publicaba A verdade sobre Marie, a nova novela do escritor belga Jean-Philippe Toussaint, coñecido entre os lectores galegos por Fuxir, título tamén incluído na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea.
Agora, o escritor acaba de poñer en galego a súa páxina web, con información sobre ambas as dúas novelas, críticas e entrevistas publicadas en Galicia. Entre estas últimas, a que acaba de ver luz no novo número da revista Grial.
A ligazón de acceso é a seguinte:
http://www.jptoussaint.com/galice.html