Medio século amando a educación

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia publicou, en 2007, 'Este camiño que fixemos xuntos' de Antía Cal, a fundadora da Escola Rosalía de Castro que tal día coma hoxe, no ano 1961, abría as súas portas para revolucionar a idea da educación existente ata daquela no noso país, situándose á vangarda pedagóxica dende o primeiro instante.
No seu libro pasa revista á súa vida ao tempo que nos ofrece unha viaxe apaixonante polo século XX, dende a súa ollada de muller comprometida cunha idea de futuro.
Hoxe a prensa galega faise eco desta efeméride. Importante, nun intre no que os recortes chegan tamén ao mundo da educación cando, precisamente, o que os expertos analistas da economía mundial recomendan, en tempos incertos como os que andamos, investir máis en educación e cultura.
Antía Cal: exemplo de traballo e de fe na educación como mecanismo de mellora humana.

Compartir na redes sociais: