Faleceu Isaac Diaz Pardo (1920-2012)

Deixounos Isaac. Paseniñamente, coa discreción que a caracterizou sempre, vaise unha xeración: a xeración dos grandes, iso que nos libros denominamos "galeguismo histórico" e que vén ser a xeración dos maiores, o discurso (e o exemplo) dos pais, que nos fixeron como agora somos. Isaac Díaz Pardo (1920-2012) pertence á xeración dos mozos que viviron […]

Morreu Isaac

O deseñador, ceramista, editor e empresario permanecía ingresado nun hospital de Compostela desde o día 22, e faleceu sobre as 8:30 horas de hoxe. Díaz Pardo, nacera en Santiago en 1920 e foi un dos referentes indiscutibles da cultura galega. Co seu falecemento remata unha das traxectorias vitais máis importantes para entendermos o galeguismo e […]

Queridos Reis Magos: queremos mil primaveras máis

Esta noite os Reis Magos de Oriente visitarán as casas dos nenos e nenas do noso país. Despois de ler as misivas recibidas traballarán arreo para compracer as peticións de tanta rapazada boa e responsable. Nós tamén queremos facer a nosa petición. E facémolo unha vez que encetamos o novo ano e xa deixamos atrás […]

Booktrailer do libro CRIATURAS. SÓ LLES FALTA FALAR!

Hoxe deixámosche, para que vexas o interesante que é o o ben que quedou, o booktrailer do libro CRIATURAS. SÓ LLES FALTA FALAR! que a nosa editorial vén de publicar e que recolle as historias máis asombrosas das que nos conta o exitoso programa da TVG, producido por Pórtico, 'Criaturas'. O libro é da autoría […]

Pensando nos lectores máis novos

Tempo para regalar e tempo para regalarnos coa lectura e o agarimo dos bos libros. Tempo para compartilos coas persoas que máis queremos, nestes días de (relativas) vacacións. Os máis pequenos mandan. E na demanda das librerías nótase. Dúas propostas de Editorial Galaxia para estes datas están a recibir especial aceptación: 'Xa me tardan estes […]

Lecturas para o novo ano

Autores como Domingo Villar verán publicadas a súa nova obra, 'Cruces de pedra' nestes primeiros meses deste 2012 que vén cargado de páxinas interesantes. Será polo mes de Abril cando os seguidores de Leo Caldas poderán asistir ás pesquisas do detective vigués nun novo enigma a desentrañar. Deste xeito, a exitosa saga que comezou en […]

Xa á venda as camisetas de Mamá Cabra

A xira de concertos que o grupo Mamá Cabra está a desenvolver por todo o país da man da nosa Editorial, trae con ela unha novidade importante como é a posibilidade de, ao remate do concerto, mercar unha camiseta para que os nosos nenos e nenas poidan levalas de recordo e, ademais, fachendear guapos e […]

Bailando con Mamá Cabra dende Arxentina

A Galicia exterior existe. Chámase Antía, ten 3 anos e medio, filla de Sandra e Ruy, vella estirpe galega, zamorana, diaguita (nos pagos de Catamarca) e calabresa. Na casa fálase galego e cántase tamén con Mamá Cabra. Antía empeza a dar os seus primeiros pasos na nosa lingua coa música máis divertida do país. Un […]