Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Como todos os anos, e como en todas as Feiras do Libro, a nosa editorial terá unha presenza importante no conxunto dos actos que se desenvolverán na Alameda viguesa a partir de mañá. Velaquí deixamos constancia dos actos previstos para esta festa literaria. – Venres 1 de xullo, ás 20:30 h, presentación de COCIÑANDO AO […]
Presentación de COCIÑANDO AO PÉ DA LETRA

Despois da presentación hai unhas semanas en Santiago, chega a Vigo 'Cociñando ao pé da letra'. Será na xornada inaugural da Feira do Libro, coa presenza de Yolanda Castaño, coordinadora literaria do proxecto, a fotógrafa Andrea Costas e o editor Francisco Castro. No acto participarán tamén dous dos escritores-cociñeiros que participaron no libro, Xosé María […]
Brasil no centro

Volve á actualidade literaria un dos nosos poetas máis importantes. Con Brasil no centro, Xabier Rodríguez Baixeras convirte en material literario as súas vivenzas iniciadas en Salvador de Baía, cidade visitada por primeira vez no 2006 e que vai deixarlle unha pegada esencial para sempre. Estamos diante dun diario, en prosa, dun autor que ten […]
A vida fóra

Despois da publicación de 'Se algún día esta muller morta', merecente do Premio Repsol no 2006, volve ás librerías Miguel Sande coa publicación de 'A vida fóra' dentro da histórica colección Illa Nova. Nun texto narrativo que se achega aos límites do narrado para poder contar a historia dunha vida xa case na extenuación, Miguel […]
Un enlace brusco e gustoso

O poeta participou tamén en 'Cociñando ao pé da letra'. Atreveuse cun bonito de perfecto gourmet que vos deixamos aquí. BONITO AO FORNO CON CAPONATA bonito ao forno (para 6 persoas) 2 quilos de bonito 1 quilo de patacas allo machucado pirixel viño branco (a discreción) xamón (a discreción) chourizo (a discreción) aceite 2 cebolas […]
Desaparece a edición impresa de "Galicia hoxe"

Non son boas noticias. Dun tempo para acó as empresas xornalísticas e de comunicación que viñan mantendo viva a lingua galega están a cerrar as portas, polo menos no que se refire a medios impresos. Quédanos a web, a rede, o ciberespazo, que empeza a ser un refuxio, agocho para resistir, agardando mellores tempos. O […]
Empanada de millo de croques

Para o proxecto 'Cociñando ao pé da letra', a escritora Fina Casalderrey preparou unha Empanada de Millo de Croques que deixamos aquí. Boa idea para o xantar de hoxe. RUSTRIDO: 1kg de cebolas, 1 pemento (mellor entre verde e encarnado), 4 dentes de allo, 2 ou 3 tomates maduros, aceite de oliva, pirixel, un lisco […]
Ramón Lorenzo recibiu a homenaxe da Fundación Otero Pedrayo

A Fundación Ramón Otero Pedrayo homenaxeou o pasado domingo a Ramón Lorenzo, catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago e cofundador do Instituto da Lingua Galega, coa entrega do premio Trasalba. Lorenzo dixo sentirse moi honrado por este premio ao tempo que pediu unha revolución para a nosa lingua nun acto no […]