Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Categoría: Nova

Como todos os anos, e como en todas as Feiras do Libro, a nosa editorial terá unha presenza importante no conxunto dos actos que se desenvolverán na Alameda viguesa a partir de mañá.
Velaquí deixamos constancia dos actos previstos para esta festa literaria.

– Venres 1 de xullo, ás 20:30 h, presentación de COCIÑANDO AO PÉ DA LETRA, de Yolanda Castaño e Andrea Costas.
Participan o editor, Francisco Castro, dous dos escritores que cociñan no libro, Xosé María Álvarez Cáccamo e Fina Casalderrey, e as autoras.

– Martes 5 de xullo, ás 20:00 h, Miguel Anxo Fernández asinará exemplares da novela LUME DE COBIZA.

– Martes 5 de xullo, ás 20:30 h, presentación da novela IN VINO VERITAS, de Francisco Castro.
Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Anxo Pintos, músico, e o autor.

– Xoves 7 de xullo, ás 20:00 h, Xulia Alonso Díaz asinará exemplares do seu libro FUTURO IMPERFECTO.

– Xoves 7 de xullo, ás 20:30 h, presentación do libro ÁRTICO 2.0, de Xavier Queipo.
Participan Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Gonzalo Navaza, escritor e tradutor, e o autor.

Compartir na redes sociais: