Pílula cosmopolita

A poeta Lupe Gómez tamén participou en 'Cociñando ao pé da letra' que estes días estamos a presentar por todo o país. Para o libro atreveuse cun 'Pisto Multiétnico e Multicolor'. Deixámosvos as súas verbas aquí para que tamén poidades preparalo. "O entusiasmo é a luz, existe un mar, claras horas de auga." (Xohana Torres) […]
Entrega do Premio Trasalba 2011 a Ramón Lorenzo

O catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago, Ramón Lorenzo Vázquez (Eirapedriña, Ames, 1935), cofundador do Instituto da Lingua Galega (ILG) en 1971, poeta, especialista en léxico e lingua medieval, editor da 'Crónica troiana' e de importantes textos de literatura da Idade Media, fundador e director da revista 'Dorna', académico da Real […]
Recoñecementos para Neira Vilas e Paco Martín

Son estes días de importantes recoñecementos para a Literatura Infantil e Xuvenil galega, concretados nas figuras esenciais de Xosé Neira Vilas e Paco Martín. O primeiro recibiu onte a Medalla Alejo Carpentier outorgada polo goberno de Cuba, mentres que Paco Martín recibirá mañá a homenaxe 'O escritor na súa terra' por parte da Asociación de […]
Falando de Viños e Literatura

O pasado xoves, o cociñeiro Benigno Campos achegouse ata a librería Nós da Coruña para constatar o éxito que segue tendo entre os lectores e lectoras do país, amantes da boa cociña de sempre, que ateigaron a sala para se xuntar con el nunha conversa na que non se deixou de falar de libros e […]
O director Ángel de la Cruz levará ao cine LUME DE COBIZA

O director Ángel de la Cruz adaptará para as pantallas coa súa produtora Artemática, a novela 'Lume de cobiza', a recente entrega do detective Frank Soutelo na súa primeira aventura en Galicia, obra do escritor e crítico cinematográfico Miguel Anxo Fernández, editada por Galaxia e actualmente nas librarías. Trátase da cuarta novela co personaxe de […]
Entrevista a Xulia Alonso

– FUTURO IMPERFECTO acaba de gañar do Premio San Clemente, un dos máis destacados de Galicia por ser concedido por rapaces, alumnos de varios institutos. ¿Que significa para ti este premio? Este premio é especialmente emocionante para min porque o dan mozos e mozas que están na idade de comezar a construír a súa propia […]
Premio San Clemente para FUTURO IMPERFECTO

O primeiro libro de Xulia Alonso Díaz, 'Futuro imperfecto', resultou gañador da XVII edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente en lingua galega. Os outros finalistas foran 'Denso recendo a salgado', de Manuel Portas, e 'Cabalo de ouros', de Víctor F. Freixanes. En castelán a novela gañadora foi 'Riña de gatos', de Eduardo Mendoza, […]
Xavier Queipo presenta ÁRTICO 2.0

Este xoves, e dentro dos actos programados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo, presentarase unha nova edición dun libro crucial na carreira literaria de Xavier Queipo, neste caso, rebautizado o libro como 'Ártico 2.0'. Participan, canda o autor, Carlos Lema, director de edicións de Galaxia e Gonzalo Navaza, escritor e tradutor. Estamos […]