Presentación de COCIÑANDO AO PÉ DA LETRA

Categoría: Nova

Despois da presentación hai unhas semanas en Santiago, chega a Vigo 'Cociñando ao pé da letra'. Será na xornada inaugural da Feira do Libro, coa presenza de Yolanda Castaño, coordinadora literaria do proxecto, a fotógrafa Andrea Costas e o editor Francisco Castro. No acto participarán tamén dous dos escritores-cociñeiros que participaron no libro, Xosé María Álvarez Cáccamo e Fina Casalderrey.
Á dereita destas liñas podedes ver o video de presentación dun dos libros máis singulares e saborosos do ano.

Compartir na redes sociais: