'A praia dos afogados' é o Libro do Ano

A novela de Domingo Villar, 'A praia dos afogados' recibiu esta fin de semana un novo recoñecemento ao ser recoñecido como Mellor Libro do Ano pola Federación de Libreiros de Galicia dentro dos prestixiosos galardóns Irmandade do Libro. Deste xeito, a novela de Domingo Villar une este novo recoñecemento a outros como a súa condición […]

Novidades en tradución de Galaxia

Coincidindo co Día do Libro, 23 de abril, Editorial Galaxia achega ás librerías dúas novidades de narrativa de autores estranxeiros. Trátase de dous títulos da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, publicada en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago. O novo libro de Kazuo Ishiguro, Nocturnos, e a última novela de Anna Gavalda, […]

Miguel Barros falou de Piñeiro en Madrid

Miguel Barros, presentou onte na Casa de Galicia de Madrid a súa obra 'Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo'. O autor estivo acompañado olo ministro de Fomento, José Blanco, e o director da editorial Galaxia, Víctor Freixanes. Diante dunha considerable cantidade de público, Miguel Barros analizou algunhas das claves do pensamento de Ramón Piñeiro. […]

Xavier Queipo xoga con Cartas Marcadas

Estes días chegará ás librerías de todo o país o novo libro de Xavier Queipo, quen xoga cunhas Cartas marcadas que non teñen nada que ver coa idea de "xogar con avantaxe" senón co concepto de "marca" referido ao tipo de tema do que se trata, que está ben definido: a escritura e a lectura. […]

"Revisando" a Ramón Piñeiro en Madrid

A presentación terá lugar hoxe xoves, ás 19.30 h, na Casa de Galicia en Madrid (Casado del Alisal, 8). O autor estará acompañado neste acto por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e José Blanco, Ministro de Fomento. A obra "Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo", publicada en dous volumes, é o resultado […]

"Disfrutemos de ser un ninguén"

O público que asistiu no Café Moderno de Pontevedra a presentación de Memorias dun ninguén tivo ocasión de coñecer de primeira man a filosofía de vida, e tamén a retranca, que deron pe a este libro, definido polo propio como "biografía novelada". O acto foi presentado por Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra. Interviu […]

PARA DEIXAR DE DICIR ADEUS

Son moitos os versos de Uxío Novoneyra que impresionan. Como non vai impresionar aquel que foi quen de dicir que a forza do noso amor non pode ser inútil. Aquel que cantou aos altos cumes do Courel para facelos universo. Aquel que foi do Courel a Compostela soñando unha Galicia liberada. Mais hoxe queremos traer […]

I figli di Bakunin

Nas vésperas do Día das Letras Galegas, e neste intre de artificial conflito arredor da fala nosa, cómpre que celebremos como é debido a aparición en italiano dunha novela escrita en galego por un dos escritores galegos máis traducidos da actualidade, sobre todo pola súa novela 'As rulas de Bakunin', bendicida no seu día polos […]