MEMORIAS DUN NINGUÉN en Pontevedra

A presentación terá lugar hoxe xoves, ás 20.00 h, no Café Moderno (Fundación Caixa Galicia. Praza de San Xosé, 3) e contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e o autor, Carlos Mella. Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra, será o encargado de conducir o acto. O economista e ex-vicepresidente […]

O galego escoitouse no Parlamento Europeo

Que a nosa lingua vaia facéndose presente en espazos que deberían ocupar de natural, é sempre unha boa nova. Nese espírito debemos enmarcar a participación de destacados representantes da nosa cultura nunha mesa redonda que a UNED organizou con motivo da Presidencia Española da Unión Europea, e en colaboración co Parlamento Europeo, sobre "As culturas […]

"Cartas marcadas" en Bruxelas

Unha reflexión sobre a lectura e a vocación de escribir. Unha viaxe pola experiencia persoal do escritor diante dos libros e diante dos seus propios textos. Un diálogo entre os autores e os lectores, que se recoñecen a través do imaxinario común da literatura. Así concibe Xavier Queipo (Santiago, 1957) a súa última entrega, un […]

"Cultura do Viño e Literatura"

Esta primeira sesión terá lugar mañá martes, ás 20.00 h, no Lar das Meigas (Rúa do Vilar, 47), en Santiago de Compostela. Xunto ao autor e coordinador do curso, participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Xosé Ramón Meiriño, presidente do Consello Regulador D. O. Rías Baixas. O curso de "Cultura do Viño […]

Un texto dunha luz que alegra

Este xoves presentouse na sede da viguesa Fundación Carlos Casares, a nova obra de Manuel Janeiro, 'A abella abesullona'. No acto participaron o editor da obra, o Coordinador de Novos Proxectos da editorial, Francisco Castro, o escritor Antonio García Teijeiro e o autor. Francisco Castro explicou a emoción que sentira cando o texto chegou ás […]

A biografía de Uxío Novoneyra

O xoves na Feira do Libro de Santiago, o escritor e xornalista Antón Lopo presentou A DISTANCIA DO LOBO, unha obra xa imprescindible para afondar na figura de Uxío Novoneyra, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Xunto co autor participaron no acto Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Herminio Barreiro, profesor da […]

Presentación en Vigo de A ABELLA ABESULLONA

O autor estará acompañado por Francisco Castro, coordinador de novos proxectos de Editorial Galaxia, Rosa López Pimentel, directora do Colexio Martín Códax, e o escritor Antonio García Teijeiro. Será hoxe, ás 20.00 h, na Fundación Carlos Casares, en Vigo (rúa Elduayen, 36-2º). É este un un libro sobre unha abella disposta a pasar á historia […]

A poesía como "Acusación"

A carpa do paseo central da Alameda acolleu a presentación do novo poemario de Xiana Arias Rego, a quen acompañaron os tamén poetas Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Manuel Darriba, escritor e xornalista. Foi un acto emotivo, intenso, entre amigos que escoitaron atentos as palabras e os silencios de Xiana, marcada a […]