Hoxe é o Día do Libro

Hoxe é o Día do Libro. Festa en todo o mundo. Incluso naqueles lugares do planeta onde os libros son unha excepción e, daquela, son un dereito polo que debemos loitar. Que non haxa un só neno ou nena sen libros. Que todos e todas poidan deitar os seus ollos sobre as aventuras que dende […]
A mellor tradución do ano

Durante o transcurso da Cea das Letras organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, outorgouse o galardón á mellor tradución do ano ao traballo asinado por María Alonso Seisdedos e Bartug Aykam da novela de Orhan Pamuk, 'O Museo da Inocencia', publicada recentemente pola nosa editorial. Este premio alicerza máis aínda a traxectoria da […]
Galaxia en Google

No pasado mes de marzo, 28.097 persoas visitaron libros galegos de Editorial Galaxia a través do portal Google Books. Isto significou un aumento do 15% respecto do mes anterior, no que se registraron 24.437 visitas. Editorial Galaxia asinou hai un anos un acordo co buscador internacional para promocionar e dar a coñecer o seu catálogo […]
Peregrinos, identidades e camiños

Identidades e camiños. Afirmación dos grupos humanos e descubertas (emocionais e intelectuais). Dende as orixes das culturas e das civilizacións, o rito da peregrinaxe constitúe unha das manifestacións máis activas da identidade dos colectivos humanos, as máis das veces por razóns de carácter relixioso (ou mítico), mais tamén por razóns de carácter cultural e político. […]
Diante do descenso do galego, apelando á cidadanía

Este venres toda a prensa galega recolle os resultados de informes tristeiros que constatan que o galego está a perder falantes, en especial entre a mocidade, e que en cada vez máis poboacións galegas o castelán se volve hexemónico. De seguirmos así, falar de monolingüísmo en Galicia non vai ser unha esaxeración. Daquela, quizais é […]
Galaxia súmase ao reto audiovisual

Hai uns días, nesa web referencial que é culturagalega.org, a xerente da editorial Galaxia, Pilar Sampil, explicaba as claves do salto da nosa editora ao mundo audiovisual. ao sinalar que "como produtora estabamos dados de alta no rexistro do ICAA desde hai xa bastante anos, pero decidimos dar un pasiño máis e seguir traballando neste […]
Xosé Ramón Barreiro, premio Trasalba 2010

A executiva da Fundación Otero Pedrayo determinou por unanimidade conceder o Premio Trasalba 2010 ao historiador e académico Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente ata hai pouco da Real Academia Galega. O premio, que ten carácter honorífico, entregarase na festa literaria que anualmente se celebra na casa grande de Cimadevila, en Trasalba, no derradeiro domingo do […]
Presentación na Estrada de "Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo"

Miguel Barros continúa cos actos de presentación da súa obra arredor da vida, obra e pensamento de Ramón Piñeiro. Neste caso, o libro chega á Estrada, ás 20 horas na Sala de Exposicións Caixanova e estará acompañado por Xosé Antonio Dono, Alcalde do Concello da Estrada e polo Director Xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.