"Revisando" a Ramón Piñeiro en Madrid

Categoría: Nova

A presentación terá lugar hoxe xoves, ás 19.30 h, na Casa de Galicia en Madrid (Casado del Alisal, 8). O autor estará acompañado neste acto por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e José Blanco, Ministro de Fomento.

A obra "Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo", publicada en dous volumes, é o resultado do traballo dos últimos anos de Miguel Barros sobre a dimensión política da figura de Ramón Piñeiro. Este título revélase xa como un texto esencial para entendermos en todas as súas dimensións unha das figuras esenciais do galeguismo do século XX.

Compartir na redes sociais: