Xa é posible mercar eBooks dende a web de Galaxia

Dende onte 15 de xullo de 2010, xa é posible mercar os eBooks da Editorial Galaxia directamente dende a súa web (http://www.editorialgalaxia.com). Deste xeito, 72 títulos da literatura galega de todos os tempos póñense ao alcance dun simple clic. Se dende hai unhas semanas comezaba o servizo da compra electrónica da revista GRIAL, dende hoxe […]
Brais e os demais

O escritor Manuel Darriba, recentemente galardoado como poeta, publica en Árbore 10 anos, 'Brais e os demais', a historia dun cativo que, a pesar de só ter nove anos, fai xa cousas de máiores. É un tipo alto, por fóra e por dentro, que aspira a pasalo ben, a quen todo chama a atención. O […]
Homenaxe a Anisia Miranda

No marco da décima Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas de Piloño, en Vila de Cruces, celebrouse o pasado domingo unha homenaxe póstuma á escritora Anisia Miranda, que fora tamén compañeira de Xosé Neira Vilas. Amigos e escritores gabaron a súa obra e lembraron fitos esenciais da súa vida. O momento máis fermoso, sen dúbida, […]
Presentación en Arzúa de NUNCA TE VIN CHORAR

O escritor Miguel Suárez Abel continúa coas presentacións da súa última novela, 'Nunca te vin chorar'. Hoxe o acto será en Arzúa e estará acompañado por Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello, e Armando Cascón, director de Radio Arzúa. Con este novo acto, a novela de Suárez Abel segue percorrendo o país ao […]
Para ler ao Otero Pedrayo poeta

Por primeira vez publícase reunida nun volume a obra poética de Ramón Otero Pedrayo, en edición de Xesús Alonso Montero, libro no que se recollen tanto poemas éditos coma inéditos do autor de "Bocarribeira". A obra poética de Ramón Otero Pedrayo é unha obra rica e multiforme. Escritos entre 1925 e 1975, dos noventa e […]
Follas de Outono

Coma sempre, o último trimestre do ano é especialmente fecundo no que se refire ás novidades literarias da nosa editorial. Entre outros, destacan, na colección Literaria, a publicación do Premio Manuel García Barros deste ano, 'Obediencia' de Antón Lopo, o Blanco Amor, que recaeu no escritor Iván García Campos, coa súa obra 'O imposible de […]
J. K. Rowling, I Premio Hans Christian Andersen

A escritora británica J. K. Rowling, autora dos sete libros da saga Harry Potter que publica a nosa editorial, gañou onte o primeiro premio Hans Christian Andersen de literatura. O galardón, outorgado pola fundación privada que leva o nome do escritor danés de contos, distingue autores cuxa obra estea vinculada dalgún xeito á de Andersen. […]
Ler os libros dende a web
Como anunciamos cando iniciamos o proceso de colaboración con Google, de cara a poñer todo o noso catálogo accesible dende o servizo de 'Google Books', xa é posible, dende primeiros de agosto, ler boa parte dos libros do noso catálogo sen deixar en ningún instante a navegación pola nosa web. Así, a diferencia doutras páxinas […]