Demetrio Bilbatúa visita Galaxia

Na mañá de hoxe recibimos a agradable visita de Demetrio Bilbatúa, cineasta nacido en Vigo pero afincado dende a nenez en México onde é considerado unha figura transcendental no seu sistema cinematográfico. Hai anos, aló polo 2005 publicaramos o seu 'Galicia-México. Imaxe máxica', no que o cineasta deitaba a súa interesante ollada sobre o noso […]

Presentado 'O capital da cultura'

O pasado xoves, na Fundación Caixagalicia, promotora do estudo xunto coa Universidade de Santiago, presentouse o volume que recolle unha ampla investigación, froito de varios anos de traballo, arredor da industria cultural galega. No acto participaron, ademais dos directores da investigación, Víctor F. Freixanes e Alberto Meixide, o conselleiro de cultura, Roberto Varela. Entre os […]

Presentación en Ribadeo de A LEI DAS ÁNIMAS

Dentro da programación do OFestivalOn de curtametraxes, na sección Books4U dedicada a literatura, o escritor Carlos G. Reigosa presenta a súa última novela, A lei das ánimas. Será este venres día 30 de xullo, ás 20:30 h, no Cantón dos Moreno, en Ribadeo. Nesta nova novela, Carlos G. Reigosa actualiza a lenda da Santa Compaña […]

Verán con libros

Lemos porque non nos chega a vida. Por iso vemos cine. Por iso soñamos aventuras. Por iso amamos que nos digan un conto. Ou dous. Unha da queixas que máis repetimos os lectores é que non temos tempo para ler. Que queremos pero que a vida non nos permite ler todo o que quixeramos. E […]

Homenaxe a Paco del Riego

Amigos e responsables da Fundación Penzol e de Galaxia, acompañados do Presidente da Real Academia Galega, homenaxearon o pasado venres a Francisco Fernández del Riego. Para don Paco ía ser un venres máis. Sen embargo, a vida tíñalle reservada unha visital moi especial. Os seus amigos e compañeiros das súas dúas grandes creacións, a Fundación […]

O Culturgal xa ten datas

Onte coñeceuse a nova de que a feira das industrias culturais galegas ten previsto celebrarse do 10 ao 12 de decembro na Coruña. O presidente da recentemente creada Asociación Culturgal, Xulio Amigo, director comercial de Galaxia, reuniuse onte coa concelleira de Cultura coruñesa, María Xosé Bravo, acompañado polos tres membros da executiva de Culturgal: o […]

Actos de Galaxia na Feira do Libro da Coruña

O vindeiro domingo comeza a Feira do Libro da Coruña, sen dúbida, unha das citas inexcusables do estío cultural galego. De seguido, os actos que desenvolverá a nosa editorial no encontro literario herculino. Domingo 1 de agosto, ás 13.30 h. Pregón a cargo de César Antonio Molina. Ás 19.00 h asinará exemplares das súas obras, […]