60 anos coa Editorial Galaxia

O 25 de xullo de 1950 reuníase nos baixos do Hotel Compostela a asamblea que había de constituir Editorial Galaxia, daquela un núcleo de resistencia contra a ditadura, estratexia organizada para facer fronte a momentos moi difíciles para a nosa cultura, diezmada logo da guerra civil. Nas páxinas desta mesma Web (historia da editorial) poden […]

Amar unha serea

Estes días chega ás librerías de todo o país o novo libro de X.H. Rivadulla Corcón, titulado 'Amar unha serea', na que o autor de Monte Alto entra no asunto do amor nun interesante texto ilustrado por Antonio Seijas e publicado na colección Árbore Azul, para lectores e lectoras a partir dos dez anos. Neste […]

Unha novela de ciencia ficción de aventuras

Onte coñeciamos a nova de que a novela de Antón Lopo, 'Obediencia', viña de gañar o Premio de Novela Manuel García Barros. Mantivemos con el unha conversa na que comezou amosando a súa ledicia pola concesión do galardón, pois "os premios axudan sempre á difusión da obra, e engade un interese obvio para o público". […]

Manuel Bragado, novo presidente da AGE

A Asociación Galega de Editores vén de elixir nova directiva, logo de oito anos de directiva anterior, presidida por Alfonso García Sanmartín. Os asistentes á asamblea aprobaron por unanimidade a proposta do novo equipo, que queda constituído da seguinte maneira: Presidente: Manuel Bragado (Edicións Xerais de Galicia) Vicepresidenta: Belén López (Bahía Edicións) Secretaria: Laura Rodríguez […]

Antón Lopo faise co Premio de Novela Manuel García Barros

No día de onte, o xurado formado por Inmaculada Otero Varela, Manuel Santiago Fernández Álvarez, Xosé Manuel Eiré Val, Carlos Lema e Valentín García Gómez en representación do Concello da Estrada, reuníronse para fallar a nova edición do Premio de Novela Manuel García Barros. O xurado acordou, por maioría, conceder o XXII Premio de Novela […]

Para picar

Estes días está a chegar ás librerías de todo o país a nova obra de Manuel Núñez Singala, 'Menú de enganos', un sorprendente libro de relatos que, tomando o engano como fío condutor, ofrece un menú de contos que contempla dende os entrantes, pasando polos pratos máis potentes (relatos máis longos) para rematar coas sobremesas. […]

Galicia lembra a Rosalía

Organizado pola AELG, o cortexo cívico conta co apoio e colaboración de diversos colectivos, máis de 200, o que demostra a actualidade e presenza da escritora no cerne sentimental do noso país. Un tren, identificado como Follas Novas, partirá da estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, hoxe ás 17.45 horas, para facer […]

Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal

Vén de constituirse hai uns días a Asociación Culturgal. A directiva estará presidida polo Director Comercial da nosa editorial, Xulio Amigo, profesional de dilatada traxectoria no mundo da edición e da xestión cultural. As entidades AGE, AGAPHONO, AGEM e ESCENA GALEGA, asinaron os estatutos e acta de constitución da ASOCIACIÓN CULTURGAL. Por cuestións burocráticas outros […]