Homenaxe a Anisia Miranda

Categoría: Nova

No marco da décima Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas de Piloño, en Vila de Cruces, celebrouse o pasado domingo unha homenaxe póstuma á escritora Anisia Miranda, que fora tamén compañeira de Xosé Neira Vilas.
Amigos e escritores gabaron a súa obra e lembraron fitos esenciais da súa vida. O momento máis fermoso, sen dúbida, foi o instante no que varios nenos e nenas procederon á lectura pública dalgúns dos seus poemas.
A música das gaitas serviu de marco para o descobrimento dun altorelevo da autora realizado por O Vila.
Neira Vilas foi o encargado de recoller a medalla que A Solaina decidiu entregar á memoria de Anisia Miranda.

Compartir na redes sociais: