Hoxe dá comezo, dende Estella (Navarra), unha viaxe que vai traer a Compostela unha serie de escritores e xornalistas xa non só galegos senón doutras latitudes internacionais e do resto do estado español dentro do marco do 'Encontro Internacional de Literatura de Viaxes' que, a partir do día 20, e durante unha semana, estará centrado en Santiago cunha programación na que salientan os encontros con autores, mesas redondas e foros abertos co público interesado neste xénero literario.
O evento está enmarcado dentro da programación do Xacobeo 2010 e co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta
Entre outros, participarán os escritores César Antonio Molina, Xavier Alcalá, Francisco Fernández Naval, John Rutherford, Dolores Vilavedra e Marilar Aleixandre.
Unha boa ocasión para nos achegar aos escritores viaxeiros que, seguindo o camiño marcado por Marco Polo neste tipo de literatura, convirten as súas vivencias polas diversas xeografías en literatura para todos nós.