Patrimonio. Memoria e Identidade

Este debate entorno a diferentes aspectos do patrimonio contou coa participación de Mª Victoria Carballo-Calero (catedrática de Historia da Arte na Universidade de Vigo); Felipe Criado (arqueólogo e profesor da Universidade de Santiago); Anxo Fernández Ocampo (doutor en Tradución e profesor da Universidade de Vigo); Manolo Vilar (historiador e colaborador do Museo do Pobo Galego), […]

"Eu tamén son fonte" en Lugo

No acto participaron Catuxa Cela, por Fedegalma, e o Coordenador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro. Nun salón cheo de nais, nenas e nenos, leuse o conto de Teresa Moure editado por Galaxia ao mesmo tempo que ían proxectándose as ilustracións de Leandro Lamas que conforman a exposición. A mostra poderá visitarse ata […]

Presentación de "Paisaxe e nación", Premio Ramón Piñeiro 2007

Na presentación en Santiago de Compostela da obra gañadora da VIII edición do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, Paisaxe e Nación, a autora estivo acompañada pola secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López; o director xeral de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o director de Unión Fenosa Galicia, Luís Díaz, representando ás tres entidades […]

A lamprea adianta en Padrón a súa temporada

O libro aparece na colección Guías/Galaxia, cuidadosamente ilustrado con fotografías e debuxos, precedido de textos dos cociñeiros Ferrán Adriá e Juan Mari Arzak, e cun magnífico epílogo, en varios capítulos, de Juan José Moralejo. Ao longo de 160 páxinas o lector coñecerá e gozará dun dos manxares máis característicos da cociña galega, que inicia a […]

Entrega do Premio Repsol a Xosé Luís Martínez Pereiro

O acto estivo presidido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística Marisol López Martínez, e contou coa asistencia do novo Director Delegado do Complexo Industrial de Repsol YPF A Coruña, Ángel Crespo, o Director Xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e o voceiro do xurado Anxo Tarrío. Angel Crespo, novo responsable de Repsol na Coruña, amosou […]

Unha reflexión para o novo milenio

En palabras do seu autor (que en 2002 recibiu o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio por A submisión das masas), o ambicioso proxecto editorial (nove volumes) é o resultado dun longo proceso en parte de carácter colectivo, que comezou a principios dos anos 70 e chega practicamente aos nosos días, e no que Basilio Lourenço […]

Aberta a exposición "Editar en galego baixo a censura franquista"

No acto de inauguración participaron Luís Bará Torres, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Alfonso Zulueta de Haz, Vicepresidente da Fundación Penzol, e Xosé Manuel Dasilva, Comisario da exposición. Nas súas intervencións todos salientaron o papel nefasto que a censura franquista tivo sobre o […]