"Flis-fli-ris-flás" chega á cidade de Pontevedra

No espectáculo os asistentes terán que axudar ao protagonista no seu descenso aos abismos mariños nunha aventura na que a música e os libros están moi presentes. A música, de feito, é un elemento esencial neste espectáculo teatral que xoga coa técnica do teatro negro para conseguir fermosos efectos que sorprenderán aos espectadores. A obra […]

Novas olladas sobre a economía galega

Presentouse o libro na sede da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, nun acto presidido polo conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia, Xosé Luis Méndez Romeu, e no que estiveron presentes algúns dos autores dos traballos, ademais dos coordinadores académicos da edición. Xaquín Álvarez Corbacho insistiu na necesidade de profundizar no […]

NOVIDADES NADAL 08

O xornal conta con dezaoito páxinas de información arredor dos novos lanzamentos da editorial. Entrevistas, novas, reportaxes e suxestións que non deixan fóra ningún chanzo de idade, desde os máis cativos aos últimos lanzamentos literarios. Nesta publicación informamos das novidades que, coincidindo co Ano Ramón Piñeiro que celebraremos en 2009, a Editorial Galaxia vai dar […]

Rematou o CULTURGAL

A segunda edición do Culturgal remata deixándonos unha máis que agradable sensación, tanto polo aumento da participación do público como pola calidade das iniciativas amosadas e dos productos presentados. A Editorial Galaxia tivo un especial protagonismo ao longo de todos estes días de Feira, cunha programación na que abondaron as presentacións de libros e os […]

"A choiva do mundo" no Ateneo de Ourense

A choiva do mundo é unha novela coral, nacida do entrecruzamento dos xéneros máis diversos, un mosaico feito con anacos da vida no que o amor e o desamor, a loucura, a soidade e a terra se encarnan en máis dun cento de personaxes de lugares e tempos dispares. Metáfora da construción perpetua do mundo […]

Galaxia no CULTURGAL 08

Velaquí a relación de actos organizados por Galaxia nos que agardamos contar coa vosa presencia: – Xoves 4 de decembro, ás 20.00 h, presentación da novela MEMORIA DE CIDADES SEN LUZ, de Inma López Silva. Premio Blanco Amor 2007. Participan Carlos Lema, Mariana Carballal e a autora. – Venres 5 de decembro, ás 19.00 h, […]

Conferencia "Editar en galego baixo a censura franquista"

O comisario explicou a transcendencia fundamental que no desenvolvemento da expresión literaria galega tivo a censura franquista, ao teimar en controlar os contidos do que se publicaba así como, fundamentalmente, os seus aspectos ideolóxicos. A dureza da situación obrigou a vivir episodios realmente duros e estraños, como a publicación da Obra Completa de Ramón Cabanillas […]

PREPARANDO O NADAL

Hai un mes publicábanse os primeiros títulos da colección "Pimpín por aquí non vin". O Magosto e O Samaín son os primeiros títulos dunha serie formada por fermosos libros en formato acordeón, volumes despregables nunha longa saba na que a ilustración, da autoría de Jacobo Fernández, ocupa case que todo o protagonismo. Grazas a este […]