No pasado mes de agosto, morreu en Madrid o escritor Fariña Jamardo

"Non sei se a morte de Fariña tivo algún eco entre nós", escribe Vicente Araguas, "mais eu, que adoito transitar polos nosos xornais, nada atopara ao respecto. E non é ata agora que sei por Manolo Pereira Valcárcel que o noso compañeiro de tertulia no Comercial finara o 19 de agosto no ano en curso, […]
O espectáculo teatral FLIS-FLI-RIS-FLÁS en Vigo

No espectáculo os asistentes terán que axudar ao protagonista no seu descenso aos abismos mariños nunha aventura na que a música e os libros están moi presentes. A música, de feito, é un elemento esencial neste espectáculo teatral que xoga coa técnica do teatro negro para conseguir fermosos efectos que sorprenderán aos espectadores. A obra […]
Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester

Carlos G. Reigosa súmase así á nómina de prestixiosos gañadores deste certame entre os que se atopan escritores como Manuel Rivas ou Víctor F. Freixanes. En A vida do outro, Reigosa asume a tarefa de contar unha parte importante, e moi recente, da vida e da historia españolas desde os ollos dun xornalista que, condicionado […]
Estudantes de bacharelato con Otero Pedrayo en Trasalba

A actriz Sabela Gago preparou un espectáculo teatral, nas instalacións da casa grande de Cimadevila, sede da Fundación Otero Pedrayo, para recrear diante de estudantes de bacharelato a obra do escritor. Trátase de pequenos retallos da obra de don Ramón, tirados preferentemente dos libros Contos de santos e nadal e Contos do camiño e da […]
O audiovisual galego

Presentados e moderados polo escritor, historiador cinematográfico e crítico de cine e televisión Miguel Anxo Fernández, participaron na mesa redonda o produtor, crítico e xornalista cinematográfico, e na actualidade é responsable de desenvolvemento da produtora Filmax, Pepe Coira, o Presidente de Dygra Films, Manolo Gómez, e o guionista, director de cine e presidente da produtora […]
BO NADAL

E libros para ler, para gozar, para sermos felices, para compartir, para sentir, para emocionarse, para vivir máis, para coñecer mundo, para estar noutros universos. Libros para ser. (Ilustración de Rodrigo Chao para o libro "O prodixio dos zapatos de cristal" de Xosé A. Neira Cruz)
Un novo discurso para a política lingüística en Galicia

"Os grandes defensores da convivencia das linguas e do multilingüismo en Galicia somos os defensores do uso e a normalización do idioma galego, non eses outros que din falar de bilingüismo e que, no fondo, arrastran ou reproducen os vellos prexuizos contra o idioma galego, que son tamén os prexuizos contra a nosa modernidade". Tales […]
Máis visibilidade para o libro galego

No Xornal de Galicia de hoxe ofrécese unha interesante reportaxe na que os responsables da editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes e de Xerais, Manuel Bragado, dán a réplica ás opinións verquidas por algúns libreiros nos últimos días. Pódese ler a información completa no noso blog do que ofrecemos ligazón á dereita destas palabras.