Entrega do Premio Repsol a Xosé Luís Martínez Pereiro

Categoría: Nova

O acto estivo presidido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística Marisol López Martínez, e contou coa asistencia do novo Director Delegado do Complexo Industrial de Repsol YPF A Coruña, Ángel Crespo, o Director Xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e o voceiro do xurado Anxo Tarrío.

Angel Crespo, novo responsable de Repsol na Coruña, amosou a súa satisfacción coas convocatorias anteriores do premio e reafirmou o seu compromiso co mesmo e coa narrativa galega. Mostra deste compromiso é que a dotación ascende a 9.000 euros. Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, salientou a importancia da colaboración entre as empresas privadas e as institucións da cultura para construir entre todos unha base social sólida para a narrativa e a lingua galega.

Nesta terceira edición, o premio -que nas anteriores edicións obtiveron Miguel Sande coa a novela Se algún día esta muller morta, e Anxos Sumai, con Así nacen as baleas– outorgouse a unha obra formada por 45 relatos breves, condensados, dotados de moito enxeño e que involucran
a imaxinación do lector tratando ángulos insólitos da cultura do noso tempo.

Proseguindo a exitosa iniciativa emprendida na anterior edición, de novo este ano a novela gañadora poderase atopar nas principais estacións de servicio de Repsol en Galicia.

Compartir na redes sociais: