Dúas alegrías e un pasamento

A pesar de que Constantino García nacera en Oviedo hai 81 anos, o seu corazón era galego desde que no ano 1965 chega a Compostela. En Galicia desenvolveu un intenso labor de estudo e investigación arredor da lingua galega desde diversas frontes: na universidade como Catedrático de Románicas e como decano da Facultade de Filoloxía, […]
Comezou o Obradoiro Literario para Profesores

O obradoiro foi presentado pola Concelleira de Educación de Ourense, Ana Mª Garrido Rodríguez e por Pablo Sánchez Ferro en nome da Fundación Otero Pedrayo. A concelleira deu a benvida aos participantes aos que lembrou que as instalacións do Instituto de Artes Escénicas estaban á súa disposición como unha prolongación da Concellería de Educación. Ao […]
Premio para "120 anos de ciclismo galego"

Trátase da primeira obra dedicada á historia do velocipedismo galego, con especial referencia os tempos anteriores a Delio Rodríguez e os seus irmáns. O seu autor, Xerardo González Martín, xa tiña publicado 11 libros de historia de Vigo, un deles dedicado as orixes do automóbil na provincia de Pontevedra, que mereceu no seu día o […]
Volve Miro Casabella

O cantante valenciá Raimon e Miro Casabella ofreceron o pasado xoves un recital no Teatro Rosalía de Castro da Coruña que constituíu un verdadeiro acontecemento, co auditorio cheo de xente e arredor de dúas horas e media de actuación. Na colección Reportaxe de Editorial Galaxia, o escritor e historiador Xan Fraga propón unha viaxe pola […]
Arredor da cultura da ciencia

Presentados e moderados polo profesor Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, participaron na mesa redonda o investigador Uxío Labarta, o director dos museos científicos da cidade da Coruña, Xosé Antón Fraga, e o profesor de ensino medio, Daniel Soutullo. Tratábase de abordar, dende distintas perspectivas, a situación actual da cultura científica na sociedade […]
A industria galega do libro segue crecendo

Anualmente por estas datas, coincidindo coa celebración do Liber, a feira iberoamericana do libro, e en vésperas de Frankfurt, a grande feira europea da edición, a Federación do Gremio de Editores de España pon enriba da mesa o seu informe de comercio interior, informe que constitúe o principal observatorio da industria do libro español nestes […]
Faleceu Ramiro Fonte

Segundo fontes do devandito instituto, o ensaísta, narrador e poeta estaba ingresado dende o pasado 23 de setembro na citada institución hospitalaria. "Hoxe a poesía escríbese con dolor", declarou aos medios Carmen Cafarell, directora do Instituto Cervantes, nada máis saberse a noticia. "O seu sentido do humor, a súa profunda ironía e a súa amabilidade […]
Homenaxe a Anxo Rei Ballesteros

No acto estiveron presentes os habituais da tertulia e outros, tanto de dentro como de fóra de Vigo, que se sumaron á homenaxe. Numerosas as mensaxes de adhesión, entre eles Xosé Fortes e Xosé Luís Méndez Ferrín, que non puideron estar presentes por presentar un libro e o último número dunha revista, respectivamente. Pepe Cácamo […]