Valentín Paz-Andrade en Galaxia

Categoría: Nova

O xornalista Xan Carballa achéganos ao homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012. Amena, rigorosa e ben documentada, esta Biografía é un completo percorrido pola traxectoria vital do ensaísta, poeta e político. Unha vida que atravesa o século XX, desde a ditadura de Primo de Rivera á Transición. O retrato dun home que, nas súas múltiples facetas profesionais, sempre mantivo o compromiso con Galicia e a súa cultura.

Pola súa banda, a Antoloxía, con selección de textos e edición a cargo tamén de Xan Carballa, recolle o labor de Valentín Paz-Andrade como poeta, xornalista e ensaísta. Inclúe o texto íntegro de Pranto matricial, o seu poemario máis coñecido; ademais dunha biografía sintética e unha introdución á obra literaria.

Tamén da autoría de Paz-Andrade publicaremos o seu Castelao na luz e na sombra, que escribiu entre 1980 e 1981 sobre a vida e obra de Castelao e que é froito dun intensísimo labor de investigación a cargo de Miguel Anxo Seixas.

Compartir na redes sociais: