Do 4 ao 31 de marzo terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. O tema deste ano é 12 + 1; o Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.
O autor homenaxeado de 2012 é Paco Martín, escritor e mestre nado en Lugo en 1940 e cunha grande traxectoria de publicacións e premios. Contamos no catálogo de Galaxia con varias obras da súa autoría, entre as que destaca un dos títulos fundamentais da literatura galega, , que obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil, e tivo a súa continuación en Das novas cousas de Ramón Lamote, tamén publicado por Galaxia.
Ademais desta homenaxe á que nos unimos, Editorial Galaxia participa noutras actividades do Salón:
– Martes 6 de marzo, ás 20:00 h, presentación do libro O SOLDADIÑO DE CHUMBO e proxección da curtametraxe co mesmo título. Intervirán Virginia Curiá, unha das directoras da curta, e o editor do libro, Francisco Castro
– Luns 12 de marzo, ás 19:30 h, mesa redonda sobre o tema LUGARES MÁXICOS. Participan Vítor Vaqueiro e Antonio Reigosa. Modera: Carlos Solla
– Luns 19 de marzo, ás 20:00 h, mesa redonda arredor dos GAZAFELLOS. Participan Pepe Carballude e Xosé Miranda. Modera: Quico Cadaval
– Martes 20 de marzo, ás 19:00 h, presentación da novela 2044, de Eduardo Santiago. O autor estará acompañado polo editor, Francisco Castro