Rosalía de Castro. Cantos de liberdade (1837-1863) é o primeiro volume da biografía da autora máis canónica das letras galegas. Está asinada por María Xesús Lama e non deixa de recoller o favor do público de da crítica. Hoxe no Faro da Cultura aparece unha recensión de Montse Pena Presas na que celebra a súa aparición pola cantidade de mitos que racha e a inxente información que achega grazas ao manexo de múltiples fontes por parte da investigadora.
Apréciase a “unha moza nova, alegre e cantareira que toca a guitarra. Tamén fai teatro e cunha formación non regrada inxente” e entende que esta é quizais a parte máis necesaria, a reformulación da persoa. Ademais disto, Pena Presas tamén destaca a análise certeira das primeiras obras da autora que apuntan a unha Rosalía de Castro “rebelde, consciente do papel que a sociedade lle tiña reservalo ás mulleres xa dende ben nena e reivindicativa coa liberdade creadora, como demostran as transparentes palabras que deita en Lieders: Yo soy libro. Nada puede contener la marcha de mis pensamientos y ellos son la ley que rige mi destino”. Rosalía sería, así, claro expoñente do feminismo internacional”.
Para ler a recensión completa prema aquí.