Aqueles días en que eramos malas, Premio Losada Diéguez

Categoría: Nova

Inma López Silva vén de gañar o Premio Antón Losada Diéguez coa novela AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS. A historia dunha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións. O xurado destacou a “utilización das voces femininas” e “a habelencia discursiva que ofrece diferentes posibilidades de lectura, resultando un conxunto de historias vitais ben trabado e con categoría literaria”. Parabéns a Inma, é un luxo contar coa súa voz en Galaxia.

Compartir na redes sociais: