Remata o ciclo de conferencias sobre Xosé María Álvarez Blázquez

Categoría: Nova

Presentaron o acto Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, institución que patrocinou este ciclo de conferencias, e Francisco Castro, comisario da exposición "A palabra e os días. Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez", que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro domingo 25 de maio.

O numeroso público que ateigou a sala tivo a oportunidade de coñecer outra faceta profesional, probablemente a menos coñecida, do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008: o seu labor de arqueólogo, que o levou a ocupar o posto de Comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo. Pilar Barciela explicou como a súa figura foi fundamental no achado e investigación de moitos dos vestixios arqueolóxicos máis importantes de Vigo e os seus arredores. A súa teima, que por fin logrou despois de moitos intentos, foi a creación da Sección de Arqueoloxía no Museo "Quiñones de León" de Vigo, o que permitiu que a partir de entón as pezas atopadas na cidade permanecesen aquí en lugar de ser enviadasa ao Museo de Pontevedra.

Compartir na redes sociais: