Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é profesor de Lingua e Literatura Galegas. Ensaísta de temas literarios e artísticos e comisario de exposicións, é autor de títulos dedicados a Lorenzo Varela, Manuel Antonio, Vicente Risco, Manuel Luís Acuña ou Ramón Cabanillas. Entre os seus libros máis recentes destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega (2004) e Breve historia da arte galega (2005).