Xesús Rábade Paredes naceu en 1949 na Terra Chá luguesa. Estudou a carreira de Letras na universidade de Santiago e foi profesor de galego no ensino medio. Membro fundador do Pen Club de Galicia, Rábade Paredes é poeta, narrador e estudoso da literatura. Publicou numerosos libros e obtivo varios premios. Así, por exemplo, foi galardoado co Premio Galicia polos libros No aló de nós e Morrer en Vilaquinte, elaborados conxuntamente coa súa dona Helena Villar Janeiro. Tamén recibiu o XIII Premio Esquío co poemario Poldros de música. En Galaxia, Rábade Paredes publicou, entre outros títulos, Saraverde, Branca de Loboso, A palabra secreta e As sombras do barroco.
En 2006 recibiu o Premio Blanco Amor de Novela Longa pola obra Mentres a herba medra, editada por Galaxia.