Este venres, ás 20:00 h, na sala de exposicións do Centro Cultural da Deputación de Ourense presentarase o libro O LECER DAS AUGAS.
No acto participan Benigno Amor, xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e un dos autores do libro, Luís Alonso Álvarez.
Nesta publicación o lector ou a lectora vai atopar non só cumprida información sobre a historia dos balnearios, a súa evolución no tempo e a importancia que tiveron na vida social e política galega, senón, tamén, un libro escrito con vocación literaria de altura.