Presentada a edición especial das "Memorias dun neno labrego"

Categoría: Nova

O escritor Xosé Neira Vilas presentou onte en Compostela a edición especial de 'Memorias dun neno labrego' que conmemora o cincuenta aniversario da súa publicación na Arxentina. Desde entón, son máis de seiscentos mil exemplares vendidos dunha obra que segue a ser o maior best-seller da literatura galega.
A edición especial, que vén de publicar a nosa editorial, súmase á reedición presentada hai nada e que recupera a portada orixinal realizada por Luís Seoane en 1961.
O director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, acompañaron a Neira Vilas nun acto multitudinario, que se celebrou na sede do Centro Social Novacaixagalicia.
Na presentación, o actor e director teatral Cándido Pazó fixo un adianto da montaxe que realizou sobre a novela e que se estrea mañá no Salón Teatro de Compostela.

Compartir na redes sociais: