Dentro dos actos do SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL de Pontevedra, no que a nosa editorial ten unha importante presenza, presentaremos mañá, ás 20 horas, a obra de Andersen, que inaugurou a colección Árborecinema, 'O soldadiño de chumbo'.
A obra está editada canda o DVD producido por Algarabía e Continental, do mesmo título e que será proxectada durante o acto de presentación.
No mesmo estarán Virginia Curiá, unha das directoras da fita (con Tomás Conde) e o editor do libro, o escritor Francisco Castro.