Charla literaria sobre Versos para conversar

O pasado 29 de marzo Xoán Carlos Domínguez Alberte levou a cabo unha charla literaria sobre o seu libro Versos para conversar na biblioteca do IES de Celanova Celso Emilio Ferreiro, que recollía a visita no seu blog. Na charla, participou alumnado dos centros CEIP Xoaquín Lourenzo “Xocas”, de Bande, CEIP San Marcos, de Cartelle, […]

Oxalá estiveses aquí visita o CEIP Seis do Nadal

Hai uns días, Charo Pita visitaba aos alumnos do CEIP Seis do Nadal de Vigo para contarlles a historia do seu último libro Oxalá estiveses aquí, unha historia chea de aventuras e aprendizaxe, onde os animais protagonistas medran a medida que van pasando unhas probas que, dalgunha maneira, explican o dura… e o marabillosa que […]

Os nenos da varíola: moito máis que unha novela xuvenil

Seguen chegando lecturas de Os nenos da varíola de María Solar, un dos grandes fenómenos editorias da tempada, que parece estar gozando tamén co apoio da crítica. Mario Regueira escribe para o Sermos Galiza que “a autora é capaz de tomar, sobre esta base [a dos feitos históricos], as súas propias licenzas. As relacións persoais […]