Na volta dun clásico de Steinbeck

Categoría: Nova

Son lexión os lectores e lectoras do mundo enteiro que recoñecen unha débeda fundamental con John Steinbeck por obras inmorrentes, en boa medida popularizadas dun xeito global polo cinema, como 'As uvas da ira' ou 'Ao leste do Edén', esta última protagonizada polo inesquecible James Dean.

'A perla', outro dos seus clásicos que agora publicamos nunha nova edición (e xa van nove) na colección Costa Oeste, chega estes días ás librerías de todo o país. Estamos diante da historia dunha perla que cambia a vida enteira dunha familia por completo. Unha histora que cativa dende as primeiras liñas e que non nos deixa descansar ata chegar ao final.

Compartir na redes sociais: