Día Mundial da Poesía

Categoría: Nova

Hoxe é o Día Mundial da Poesía.
Hoxe vivimos coas palabras, dende as palabras, instalados na lingua nosa coa que dicirmos bolboreta, amor, resistencia e país.
Hoxe comemos palabras porque sabemos que non podemos alimentarnos só de pan, e que precisamos, como Celso Emilio Ferreiro cantou, o compango da poesía, e botarlle azucre así á existencia, para contar o mundo cos ollos limpos e lúcidos e lucidos e esperanzados dos que escriben poesía porque non lles abonda a realidade e queren outra máis plena.
Hoxe soñamos palabras e soñamos futuro e soñamos unha terra onde vivir orgullosos de quen somos e detrás dos alicerces sempre novos que os e as poetas constrúen para nós, vivindo, comendo, e soñando poesía.

Compartir na redes sociais: